Case a punto…

O curso remata e con el esta andanza polo proxecto Filosofando. Foi unha moi boa experiencia, posto que nos permitiu abrir as portas a outros horizontes na nosa formación, así como afianzar o traballo cooperativo.

Tanto o traballo escrito como as actividades de Ardora están  listas, mais agora é tempo de ultimar os detalles para que todo saia a pedir de boca. Estamos desexosas de amosarvos o traballo final realizado mais con moito pesar xa que isto significa que isto remata…

Esperamos que vos resulte un tema interesante e que compartades con nós a idea de que xa é tempo de que a filosofía tome unha parte fundamental na nosa vida, e non nos referimos só ao ámbito escolar!!

Así que…a seguir filosofando todos os días das vosas vidas!!

maxresdefault

descarga

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.