Experiencia con Ardora

Como podedes ver nos anteriores post, elaboramos diversas actividades e materiais arredor da nosa temática filosófica. a gran maioría de actividades elaborámolas empregando a ferramenta Ardora presentada, na clase, polo seu creador José Manuel Bouzán.

A medida que fomos traballando con este programa, atopamos numerosas dificultades e adversidades no camiño, moitas das cales non podían ser solucionadas inmediatamente, posto que non contabamos coa axuda de Bouzán, o experto na materia. Polo tanto, na maioría dos casos, tivemos que ser nós mesmas as que solventaramos os problemas que nos ían xurdindo.

A pesar disto, somos conscientes da utilidade de dito instrumento para o noso futuro como mestras. Ademais, o feito de ter que enfrontarnos aos diferentes percances conduciunos a un coñecemento máis interiorizado sobre o programa.

Aquí vos deixamos o enlace de Ardora: http://webardora.net/index_cas.htm

 

Ardora

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta