Unha vez que xa sabemos o que é a Filosofía pasamos a coñecer a catro dos seus grandes pensadores: Platón, Aristóteles, Descartes e Kant.
A través dos Bits coñeceremos os seus datos máis importantes como a época e o lugar onde naceu e viviu e os seus pensamentos; é dicir, as súas citas máis importantes. E valéndonos de fotografías que vos adxunto no artigo aprenderemos a diferencialos.
Ademáis de coñecer algún filósofos, empezamos a desenvolver o pensamento crítico e a expresión oral a través de situación reais: proxectamos fotografías de conflictos cotiás, como poder ser unha pelea por un xoguete, e abrimos debate.
Algunhas das preguntas iniciais que faríamos para incitar ao alumnado a expresarse serían as seguintes:
Qué podemos ver na fotografía?
Qué vos parece esta situación? Estades a favor ou en contra destas actitudes?
Algunha vez vos pasou? Como actuastedes? Cómo vos sentichedes?