BENVIDOS AO MUNDO FILOSÓFICO!!!!
A filosofía, como campo do saber e como materia escolar, nunca gozou dun lugar prestixioso. A maioría do alumnado que a estudaba facíao por obrigación, e isto pode deberse, en parte, a que esta materia impartíase en niveis educativos elevados, sen ningunha introdución anterior.
Co obxectivo de cambiar esta situación, facer que a filosofía sexa valorada como se merece, e co obxectivo principal de formar individuos críticos e competentes defendemos a introdución da filosofía como materia escolar dende os primeiros anos de escolarización.
Desta maneira, a filosofía convertiríase nunha materia presente en todos os niveis educativos, aproveitando todos os seus beneficios dende a educación infantil ata o bacharelato, e incluso a universidade.
Co noso proxecto Filosofando pretendemos loitar contra a desaparición da filosofía, implantándoa como materia transversal xa na Educación Infantil.
Facendo uso dunha serie de actividades elaboradas por nós mesmas coa ferramenta Ardora iniciamos temas como o amor, a xustiza, a amizade, as emocións, o respeto…cos máis pequenos/as nas aulas de infantil.