Case a punto…

O curso remata e con el esta andanza polo proxecto Filosofando. Foi unha moi boa experiencia, posto que nos permitiu abrir as portas a outros horizontes na nosa formación, así como afianzar o traballo cooperativo.

Tanto o traballo escrito como as actividades de Ardora están  listas, mais agora é tempo de ultimar os detalles para que todo saia a pedir de boca. Estamos desexosas de amosarvos o traballo final realizado mais con moito pesar xa que isto significa que isto remata…

Esperamos que vos resulte un tema interesante e que compartades con nós a idea de que xa é tempo de que a filosofía tome unha parte fundamental na nosa vida, e non nos referimos só ao ámbito escolar!!

Así que…a seguir filosofando todos os días das vosas vidas!!

maxresdefault

descarga

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Experiencia con Ardora

Como podedes ver nos anteriores post, elaboramos diversas actividades e materiais arredor da nosa temática filosófica. a gran maioría de actividades elaborámolas empregando a ferramenta Ardora presentada, na clase, polo seu creador José Manuel Bouzán.

A medida que fomos traballando con este programa, atopamos numerosas dificultades e adversidades no camiño, moitas das cales non podían ser solucionadas inmediatamente, posto que non contabamos coa axuda de Bouzán, o experto na materia. Polo tanto, na maioría dos casos, tivemos que ser nós mesmas as que solventaramos os problemas que nos ían xurdindo.

A pesar disto, somos conscientes da utilidade de dito instrumento para o noso futuro como mestras. Ademais, o feito de ter que enfrontarnos aos diferentes percances conduciunos a un coñecemento máis interiorizado sobre o programa.

Aquí vos deixamos o enlace de Ardora: http://webardora.net/index_cas.htm

 

Ardora

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Indagando na nosa filosofía

Agora que xa coñecemos aos nosos novos amigos os filósofos, convertímonos en un máis deles! Acompañaránnos ao longo dun sen fin de actividades e  serán os nosos mestres e nós, os pupilos, coma Aristóteles e Platón!

Atoparemos dende un memory no cal traballaremos cos filósofos pero tamén cos números ata unha actividade de relacionar aos filósofos cos seus nomes facéndonos protagonistas a nós mesmas.

Tras coñecer os seus pensamentos comezamos a adentrarnos nas nosas propias concepcións sobre diversos temas presentes nas nosas vidas cotiás, como por exemplo os roles de xénero. Realmente existen? Os nenos son conscientes deles ou somos nós quen os imponemos? Averiguarémolo!!!!!!

 

roles

A colourful educational background with scattered numerals on a white surface, conceptual of learning numbers

filosofia

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Construindo novos coñecementos

Unha vez que xa sabemos o que é a Filosofía pasamos a coñecer a catro dos seus grandes pensadores: Platón, Aristóteles, Descartes e Kant.

A través dos Bits coñeceremos os seus datos máis importantes como a época e o lugar onde  naceu e viviu e os seus pensamentos; é dicir, as súas citas máis importantes. E valéndonos de fotografías que vos adxunto no artigo aprenderemos a diferencialos.

Ademáis de coñecer algún filósofos, empezamos a desenvolver o pensamento crítico e a expresión oral a través de situación reais: proxectamos fotografías de conflictos cotiás, como poder ser unha pelea por un xoguete, e abrimos debate.

Algunhas das preguntas iniciais que faríamos para incitar ao alumnado a expresarse serían as seguintes:

Qué podemos ver na fotografía?

Qué vos parece esta situación? Estades a favor ou en contra destas actitudes?

Algunha vez vos pasou? Como actuastedes? Cómo vos sentichedes?

platon_2aristoteles Captura de pantalla 2017-04-30 a las 10.26.12 Frans_Hals_-_Portret_van_René_Descartes immanuel-kant

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Adentrándonos no mundo filosófico

Iniciamos a nosa andanza no proxecto Filosofando indagando sobre como introducir aos nenos/as neste mundo tan amplo e diverso. Despois dunha longa búsqueda demos cunha páxina; Centro de filosofía para niños. En dita páxina puidemos atopar tanto cursos de formación para docentes como actividades para facer co alumnado e recursos dos cales sacar proveito.

Finalmente, para dar comezo ao noso proxecto decidimos integrar aos nenos/as na temática a través dun vídeo que xa coñeciamos e reciclamos posto que nos parecía moi oportuno e de gran utilidade. O que podemos atopar en dito vídeo é un mestre falando co seu alumnado sobre termos e aspectos filosóficos.

http://filosofiaparaninos.org/

https://www.youtube.com/watch?v=CbUtZOj5SUQ

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Filosofando

BENVIDOS AO MUNDO FILOSÓFICO!!!!

A filosofía, como campo do saber e como materia escolar, nunca gozou dun lugar prestixioso. A maioría do alumnado que a estudaba facíao por obrigación, e isto pode deberse, en parte, a que esta materia impartíase en niveis educativos elevados, sen ningunha introdución anterior.

Co obxectivo de cambiar esta situación, facer que a filosofía sexa valorada como se merece, e co obxectivo principal de formar individuos críticos e competentes defendemos a introdución da filosofía como materia escolar dende os primeiros anos de escolarización.

Desta maneira, a filosofía convertiríase nunha materia presente en todos os niveis educativos, aproveitando todos os seus beneficios dende a educación infantil ata o bacharelato, e incluso a universidade.

Co noso proxecto Filosofando pretendemos loitar contra a desaparición da filosofía, implantándoa como materia transversal xa na Educación Infantil.

Facendo uso dunha serie de actividades elaboradas por nós mesmas coa ferramenta Ardora iniciamos temas como o amor, a xustiza, a amizade, as emocións, o respeto…cos máis pequenos/as nas aulas de infantil.

 

Escola_de_Atenas

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario